Palabras máis buscadas onte:
   1 º  picoña
   2 º  rendar
   3 º  

Incorpore novas palabras:

Digalego.com mellor aplicación online 2009.

      
Comeza con   En toda a entrada   En todo o contido  Port Cast Ingl Ale
  2á Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.  
<lat illa
    port:ala     cast:ala     ingl:wing     alem: Flügel

      1 s f ZOOL Órgano presente nas clases dos insectos, quirópteros e aves, que posibilita o voo.

      2 s f Toda superficie horizontal e plana que serve para estabilizar o voo.

      3 s f ARQUIT
      1 Cada un dos corpos laterais que se estende aos lados do principal nun edificio de planta composta.
      2 Parte dunha edificación diferente da zona principal nun edificio, construción ou calquera outro espazo con división arquitectónica.
      3 Partes laterais dun escenario de teatro.

      4 s f Xogador ou grupo de xogadores que se posicionan nos extremos do terreo de xogo.

      5 s f BOT Expansión laminar, foliácea ou membranosa que se estende pola superficie de diversas estruturas como flores, froitos, talos e pecíolos.

      6 HIST/BÉL
      1 s f Tropa de cabalaría lixeira, auxiliar, irregular ou aliada que formaba grandes masas de continxentes nos flancos de liña.
      2 Manobra que consiste en fixar a fronte do inimigo e caer sobre el polos flancos ou pola retagarda.
      3 Cada un dos grupos de barcos dunha escuadra que se sitúa aos costados.
      4 Unidade orgánica das forzas aéreas que radica nunha base aérea e está dirixida por un coronel.
      5 á de patrulla Formación aérea integrada por grupos de avións que voan en decalaxe pola mesma banda que o avión que lle serve de guía.

      7 s f POLÍT Tendencia ideolóxica máis extrema dentro dun grupo organizado.

      8 en á de paxaro ARQUEOL Expresión reservada na análise tecnolóxica a unha morfoloxía de talón.


Voltar     Ir o inicio     Acceder a version móbil     Axuda     Abreviaturas do dicionario

© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.